A auditoría electoral pedida pola oposición en Venezuela finaliza e confirma a legalidade da vitoria de Maduro

No proceso de certificación ou valoración, con presenza de diplomáticos europeos, auditouse o 46% das mesas electorais (o outro 54% fórao o día das votacións) tal e como pedira a oposición.O resultado ratifica que non houbo fraude e que houbo coincidencia do 99,98% dos comprobantes revisados

Venezuela
photo_camera Venezuela

O proceso de auditoría comezou o pasado 6 de maio a solicitude da Mesa de la Unidad (MUD), organización dirixida por Capriles, candidato opositor que perdeu nas eleccións do 14 de abril fronte a Nicolás Maduro. Esta organización denunciaba que houbera “fraude” e que existía unha discrepancia entre a intención de voto do elector e o acta de escrutinio emitida polas máquinas de votación.

Neste proceso de verificación procedeuse a comparar os comprobantes de voto, coas acta de escrutinio e a acta do Consello Nacional Electoral. Durante o proceso estiveron presentes diversos colectivos da sociedade civil, así como embaixadores e persoal diplomático de Europa.

Retirada

Porén, a MUD, que exixira esa auditoría e mesmo promovera unhas mobilizacións nas que morreron sete militantes e simpatizantes chavistas; retirouse do proceso pois, sinalan desde Telesur, “non se cumprían as súas exixencias”,

O CNE (Consello Nacional Electoral) deixa claro que a verificación deitou uns resultados que non permiten dúbida ou sospeita de fraude ou manipulación. “O resultado é equivalente ao de erro cero”, dándose unha coincidencia do 99,98%.

Houbo casos de mesas electorais onde faltaban 1 ou 2 comprobantes de votación. Neses casos, os auditores e auditoras revisaron as actas de incidencias para verificar por que faltaban.


 

Comentarios