Posta en liberdade provisoria baixo a acusación de desordes públicas

A Audiencia Nacional descarta imputar terrorismo á activista dos CDR

A Audiencia Nacional non dá crédito ás investigacións da Garda Civil e non imputa o delito de terrorismo á activista dos Comités de Defensa da República, Tamara Carrasco, detida esta terza feira.

detida
photo_camera Tamara Carrasco, no día da súa detención

Tamara Carrasco foi posta en liberdade provisoria esta quinta feira após a Audiencia Nacional desbotar imputarlle o delito de terrorismo. 

O xuíz Diego Egea si que ve indicios dun outro ilícito penal, o de desordes públicas, polo que ditou medidas cautelares: Carrasco só poderá abandonar Viladecans para ir ao traballo ou se pide permiso xudicial.

Egea non tivo en conta a petición da Fiscalía, órgao do poder xudicial vinculado hierarquicamente ao poder executivo que pedía ao xuíz a prisión incondicional para a activista e o seu procesamento por rebelión e terrorismo.

Comentarios