77% da poboación do Perú rexeita Dina Boluarte segundo unha enquisa

Os lexisladores non lograron acordar a data dos comicios, desde que o 7 de decembro pasado o Parlamento declarase vacante a Presidencia peruana.
Protestas no Perú contra Dina Boluarte (Foto: Carlos Garcia Granthon / ZUMA Pres / DPA).
photo_camera Protestas no Perú contra Dina Boluarte (Foto: Carlos Garcia Granthon / ZUMA Pres / DPA).

Na sondaxe máis recente realizada polo Instituto de Estudos Peruanos (IEP), 77 % das persoas enquisadas expresou a súa desaprobación cara á presidenta Dina Boluarte, mentres que 73 % considerou que debía renunciar.

Case tres meses despois da destitución de Pedro Castillo do Executivo e da instauración do réxime transitorio, 69% da poboación considera que as eleccións xerais deben adiantarse este ano, en cambio, só 19% apoia a súa realización en 2024 e outro 8% apoia que teñan lugar en 2026, como propón o Congreso.

Neste sentido, a enquisa revela que só 6,4% da poboación aproba a xestión dos parlamentarios, fronte a 90  que o rexeita, en tanto que 33% considera que a actual Lexislatura manterase no poder até 2026.

Os lexisladores non lograron acordar a data dos comicios, desde que o 7 de decembro pasado o Parlamento declarase vacante a Presidencia.

As bancadas deixaron en claro a súa oposición a que re realicen este ano, con todo, difiren se deben decorrer en abril de 2024 ou esperar até 2026, a data orixinal das eleccións se Castillo non fose destituído.

Protestas

A pesar das masivas protestas no país para exixir o adianto das presidenciais e a renuncia de Boluarte, a mandataria mantívose firme no cargo e optou por utilizar a forza do Estado en contra das manifestacións, onde morreron polo menos 60 persoas, segundo sinala a Defensoría do Pobo.

Respecto diso, a medición do IEP mostra que 52% dos enquisados cre que a situación do país melloraría se a presidenta dimitise, aínda que 71% non sabe quen podería substituíla.

Polo momento, 44 considera que o país non é unha democracia.

Comentarios