O 60% d@s palestin@s votaría Hamas en Gaza e Cisxordania de haber eleccións agora

A agresión israelí aumentou o apoio popular tanto en Gaza e Cisxordania ao movemento de resistencia islámica, recoñecen medios hebreos como Haaretz. A popularidade de Abbas, baixo mínimos.

Bandeiras palestinas

A xustificación dada polo goberno de Israel para machacar Gaza, asasinando máis de 2.100 persoas, era que ía esmagar Hamas, rematar cos seus túneis e garantir así a seguridade da cidadanía israelita. Esa foi a segunda escusa, porque a primeira (o asasinato de 3 colonos), tívoa que retirar Tel-Aviv ao se demostrar que era mentira que Hamas tivese algo que ver.

Despois de 50 días de masacre, 2.200 palesin@s mortos, milleiros de feridos, ducias de miles de refuxiados, destrución... Hamas é máis popular e apoiada polos e polas palestinas que antes. Así o recoñecen medios israelitas como Haaretz.

Este diario cita sondaxes e investigacións do Palestinian Center for Policy and Survey  que apontan a que “a popularidade de Hamas en Cisxordania e en Gaza aumentou drasticamente despois da súa guerra contra Israel”.

Estas enquisas (feitas a 1.270 palestin@s, a marxe de erro 3%) indican que o 61 por cento elexiría o líder de Hamas, Ismail Haniye, para presidente se as eleccións fosen realizadas hoxe. O apoio ao presidente palestino, Mahmud Abas, rival de Hamas, caeu a 32 por cento. É a primeira vez en oito anos que a maioría dos palestinos apoian o líder de Hamas. Mais esa popularidade, sinala Haaretz, pode caer, como pasou anteriormente.

Comentarios