60.000 tiroles@s mobilízanse no referendo non oficial sobre a autodeterminación

Os votos a prol do exercer o dereito a decidir deste territorio administrado por Italia superaron o 92% dos emitidos. Na consulta tomou parte o 15% das e dos tiroleses con dereito a voto.

 

Tirol do Sur é un pequeno país de 7.400 kilómetros cadrados que está baixo administración italiana. A denominación oficial italiana para esta rexión autónoma (que ten o alemán e ladino como idiomas propios) habitada por algo máis de medio millón de habitantes é de Bolzano - Alto Adigio.  O 67% das e dos tiroleses teñen o alemán como idioma principal, o 26% o italiano e algo menos dun 5% o ladino. Finalizada a I Guerra Mundial, este territorio (que estaba integrado no Imperio austrohúngaro) foi entregado a Italia en virtude do Tratado de Saint-Germain e malia que a súa poboación era maioritariarmente de fala alemán.

Autonomismo e (dous) independentismo(s)

Nas eleccións do pasado outubro a forza máis votada volveu ser, como desde hai décadas, a SVP, partidaria de permanecer no Estado italiano mais cun maior grao de autonomía e autogoberno que a actualidade. Tivo 17 deputad@s de 35, perdendo por primeira vez en 65 anos a maioría absoluta. As formacións independentistas atinxiron o 27% dos votos e 10 deputados.

No Tirol goberna un partido autonomista que vén de perder a súa maioría absoluta (que exercía desde hai 65 anos) polo medre do independentismo

Foron estas organizacións soberanistas as que impulsaron a realización nesteas semanas dunha consulta non oficial sobre a autodeterminación, referendo no que tomaron parte unhas 60.000 persoas, o que supón por volta do 15% das que teñen dereito a voto.

Segundo recolle Nationalia, o resultado das votacións non deixou lugar a dúbida sobre os desexos de aquelas e aqueles que acudiron ás urnas: un 92,15% votou si á independencia. O voto podíase facer en urna, por correo ou mesmo mediante teléfono móbil.

Dúas correntes sobre a independencia

Nesta consulta preguntábase aos e ás tirolesas se querían exercer o dereito á autodeterminación. Un anceio que une ás dúas pólas do sobernanismo tirolés: os partidarios de se independizar de Italia para reunificarse con Tirol (e se integrar así en Austria) e aqueles que queren un estado sud-tirolés independente.

Comentarios