Aniversario

Os 55 anos da II Declaración da Habana

Era o 4 de febreiro de 1962 cando o líder da Revolución Cubana, Fidel Castro, pronunciaba a II Declaración da Habana, un texto que sentou as bases para a unidade dos pobos de Latinoamérica contra o imperialismo dos EUA.

[Imaxe: Cubadebate]
photo_camera [Imaxe: Cubadebate]

Fanse 55 anos da II Declaración da Habana, considerada unha afirmación de principios a favor da proxección latinoamericana da Revolución Cubana e que fixo un chamamento á unión dos pobos de Latinoamérica contra a inxerencia dos EUA.

A expulsión de Cuba da Organización de Estados Americanos (OEA) en xaneiro de 1962 impulsou o texto, aprobado por aclamación na Asemblea Xeral do Pobo, reunido na praza da Revolución José Martí.

Na súa intervención, hai hoxe 55 anos, Fidel Castro denunciaba o intervencionismo dos EUA na política interna dos países de América Latina e reafirmaba a dignidade nacional, a autodeterminación e a soberanía do país fronte ás agresións impulsadas por Washington.

Diante dun millón e medio de persoas, Castro explicaba que acusaban Cuba de subversiva por facer  realidade o reparto agrario, acabar co analfabetismo, expandir os servizos médicos, nacionalizar os monopolios, armar o pobo ou por recuperar a soberanía nacional.

Comentarios