30 de maio: Folga xeral en Euskal Herria contra o neoliberalismo e os recortes

A maioría sindical vasca, que pivota nas centrais nacionalistas ELA e LAB, e 50 colectivos sociais convocarán un paro de 24 horas, o cuarto que se fai nese país nos últimos catro anos

greba

Os sindicatos ELA, LAB, ESK, STEE-EILAS, Hiru, CGT e CNT, alén de medio cento de colectivos agrupados na plataforma Gune, van chamar á Folga Xeral en Euskal Herria, segundo informa Naiz. A data que se está a barallar para este paro é o 30 de maio, aínda que todas as partes teñen que dar o visto bo a que sexa nese día.

A folga convocarase, segundo o dixital vasco, “contra a política neoliberal dos gobrnos e contra os recortes dos dereitos laborais e sociais”. O propio secretario xeral de ELA, Txiki Muñoz, recoñecía que había “motivos de abondo” para esta nova convocatoria.

En setembro de 2012, Euskal Herria xa foi escenario dunha folga xeral convocada pola maioría social. En catro anos nese país houbo seis folgas xerais

Comentarios