Euskadi lembra Brouard e Muguruza

30 anos do asasinato do deputado abertzale Josu Muguruza

Fanse este 20N 30 anos do asasinato do deputado de Herri Batasuna Josu Muguruza, morto por disparos en Madrid. Tamén un 20 de novembro, mais hai xa 35 anos, os GAL asasinaba Santi Brouard, portavoz do grupo parlamentario de Herri Batasuna. O grupo terrorista entrou na súa consulta de pediatría e matouno a tiros.

Mural de homenaxe a Josu Muguruza en Bilbo (cedida)
photo_camera Mural de homenaxe a Josu Muguruza en Bilbo (cedida)

Euskal Herria lembra unha data en que a ultradereita quixo durante anos homenaxear Francisco Franco no seu cabodano segando a vida de destacados militantes da esquerda abertzale. 

Era o ano 89, e a coalición HB decidira por primeira vez ocupar os seus escanos gañados nas urnas no Congreso dos Deputados. 21 de novembro ía ter lugar a sesión de investidura do presidente do Goberno central e o grupo de deputados e senadores abertzales atopábase a noite anterior nun restaurante de Madrid para preparar a xornada. 

Nesas, dous homes entraron no local e emprendérona a tiros contra os independentistas, resultando asasinado Muguruza con tan só 31 anos. O tamén deputado Iñaki Esnaola, de 41 anos, ficou gravemente ferido. 

Un dos detidos foi absolto e lidera organizacións de ultradereita

Detivéronse dous ultradereitistas, Ángel Duce e Ricardo Sáenz de Ynestrillas. O primeiro foi condenado en 1993 a 99 anos e oito meses de prisión e faleceu nin accidente de circulación anos máis tarde durante un permiso. Ynestrillas foi absolto por falla de probas e converteuse en fundador e líder de diversas formacións fascistas. 

Comentarios