1X: Pobos unidos contra a Troika

Un cento de cidades europeas acollen este primeiro de xuño manifestacións para denunciar a perda "de dereitos conquistados" e as consecuencias das políticas promovidas polas institucións internacionais integradas na Troika (BCE-FMI-UE). Vídeo no interior

"Pobos unidos contra a Troika" será o lema partillado por máis de 100 mobilizacións convocadas por toda Europa. Promovida polo movemento portugués Que se lixe a Troika, as manifestacións procurarán unha única voz que clame contra o austericidio e as políticas neoliberais. 

A convocatoria conta co apoio de persoeir@s recoñecid@s como o director de cine Ken Loach, a economista Susan George ou o actvista estadounidense Noam Chomsky. Milleiros de persoas están chamadas a se sumaren aos protestos para dicer "non a este saqueo" aseguran desde Que se lixe a Troika

Na Galiza desenvolveranse manifestacións;

  • Coruña (Praza de Pontevedra) 19:00h
  • Compostela (Praza Roxa) 18:00h 
  • Lugo (Parque de Frigsa) 12:00
  • Ourense (Parque de San Lázaro) 19:00h
  • Vigo (Praza dos cabalos) 12:00h
     

Comentarios