15 anos do euro

O euro é unha das maiores expresións do chamado proceso de construción europea, e converteuse nun dos principais instrumentos para impoñer o neoliberalismo no continente. Tres lustros despois de que substituíse as moedas estatais, repasamos as súas orixes e analizamos o seu impacto económico.

O1 de xaneiro de 2002 entraba en circulación o euro, a moeda única adoptada pola Unión Económica e Monetaria (UEM). Tres anos antes xa comezara a operar a nivel contábel e a se negociar nos mercados de divisas. Há quince anos, 300 millóns de persoas de 12 Estados membros da UE (Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, o Estado español, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal) abandonaban as súas divisas propias para adoptaren a moeda única, renunciando á soberanía monetaria e poñendo, xa que logo, unha parte moi importante da súa política económica ao ditado do Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC) e, singularmente, do Banco Central Europeo (BCE). Na actualidade son 19 países que representan unha poboación de 338 millóns.Tres lustros despois da súa posta en circulación, o “soño” da moeda europea tornouse en grande medida nun pesadelo con consecuencias negativas nas economías do sur do continente.

mini2

A reportaxe ao completo, no nº229 do Sermos Galiza, xa na nosa loxa

Comentarios