12-O: cita a maior gloria de Felipe VI en plena crise sanitaria e política

O Goberno español asiste ao completo ao Palacio Real mentres a extrema dereita maniféstase nas rúas de Madrid e Barcelona.

 

 

EuropaPress_3371503_familia_real_saluda_ministros_gobierno_celebra_plaza_armeria_palacio_real
photo_camera Felipe VI saúda Pablo Iglesias (Foto: Europa Press)

Celebrar o Festa Nacional de España o Dia da Hispanidade (anteriormente Día da Raza) non deixa moita marxe para facer algo diferente ao que se leva facendo ao longo de todos estes anos: militares desfilando, monarcas recibindo en Palacio e discursos que non varían desde hai ben décadas co ‘España, España, España’ como única gasolina.

Este ano o Día da Hispanidade chega en plena crise sanitaria xerada polo coronavirus e coa tensión política en niveis máis ca altos: auxe da extrema dereita, crise da monarquía española, tensión dunha parte do Goberno españlol co xefe do Estado...

Optouse por un acto de pequeno formato, sen desfile militar (si con presenza militar: 527 efectivos, tamén da Lexión) nin recepción no Palacio Real nin os habituais ‘corrillos’. Estivo presente o Goberno español en pleno, con Pedro Sánchez e Pablo Iglesias. Asistiu o Consello de Ministros en pleno. Tamén os de Unidas Podemos, para os que era o seu primeiro 12-O.

Mentres tanto, convocada por  Vox á mesma hora, a extrema dereita fixo o seu propio desfile, en vehículos, polo paseo da Castellana, con parada obrigatoria na praza de Colón. Segundo os ultras, "miles de coches". Unha extrema deita que tamén se manifestou, cunha convocatoria de recepción minoritaria, en Barcelona, con presenza de simboloxía nazi e fascista incluída.

Recepción

Asistiron á recepción os principais poderes do Estado, tamén a alta xudicatura. Pablo Iglesias tivo que atoparse con Carlos  Lesmes, presidente do  CXPX e do Tribunal Supremo, en plena persecución xudicial contra o vicepresidente segundo.

Tamén participou a maioría de presidentes autonómicos, incluída a madrileña Isabel Díaz  Ayuso, en insubmisión fronte ao Goberno español. Como xa é tradición, non houbo representación nin de Catalunya nin do País Vasco, aos cales se engadiron Aragón e as Baleares (por outros motivos). Núñez Feixoo non faltou a unha cita na que ben gosta de estar.

O xefe da oposición, Pablo Casado, estivo presente no acto. Tamén Santiago Abascal, aínda queVox programara para a mesma hora un desfile en coche en apoio á monarquía e á unidade de España.

Nas inmediacións do Palacio Real, e sen respectar as distancias de seguridade, concentráronse cidadáns que proferiron berros contra o Goberno de coalición. Escoitábanse as proclamas de "Goberno dimisión" desde a Praza de Armas, acompañados de vivas ao rei español.

Comentarios