PALESTINA

@s colon@s israelitas nos Territorios Ocupados xa superan os 722.000

A cifra oficial de colon@s do Ministerio de Interior hebreo supera amplamente os cálculos que cifraban ese número en medio millón. En 1991, inicio do Proceso de Oslo, eran 200.000

A política de feitos consumados semella que lle está a saír ben ao Estado de Israel, que leva anos violando e transgredindo normas e leis internacionais na ocupación de Palestina, sen que por iso reciba máis que algunha que outra “reprimenda”. Unha das consecuencias desta política de feitos consumados é que Cisxordania, Xerusalén Este e os Altos do Golán estanse a inzar de colonias e colon@s, na maior parte dos casos dunha notábel belixerancia antipalestina.

Até o de agora non había cifras oficiais sobre o número de colonos instalados nos territorios ocupados. As máis pesimistas falaban de medio millón ou apuntaban mesmo aos 600.000. Pois ben, a realidade supera todas as sospeitas e as cifras procedentes do propio Ministerio de Interior hebrero falan de máis de 722.000 colon@s. En 1991, cando deu inicio o denominado Proceso de Oslo, o número apenas rozaba os 200.000. Xa que logo, a cifra de ocupantes case se triplica en 20 anos, independentemente de que a fronte do goberno israelí estivesen Likud ou Laboristas.

Alén diso, uns 60.000 destas persoas ocupantes cursan estudos nas coñecidas como “hesder yeshivas”, centros ultraortodoxos en que se combina a formación relixiosa co servizo militar.

Comentarios