O líder da Revolución cubana coñece de primeira man o que é unha ameaza nuclear. A crise de Outubro de 1962 segue a ser considerada o momento de maior tensión bélica na era bipolar. Os EUA e a URSS a piques estiveron de encetar un conflito que non só faría desaparecer á pequena illa do Caribe, senón que de seguro tería levado por diante a boa parte da poboación estadounidense afincada a tan só unha millas da costa cubana.
Fidel Castro viviu ese precedente mais tamén foi testemuña da guerra de Corea (1950-1953) que remataba un ano despois do golpe de Estado que sentaba ao militar Batista aos mandos de Cuba. Coñeceua Kim Il Sung e partillaría amizade co pobo norcoreano desde o trunfo da Revolución. Porén, e perante as advertencias deitadas polo agora presidente da República Democrática de Corea face as manobras militares estadounidenses e a tensión na fronteira cos veciños do Sur, fixeron ao comandante apelar ao "deber de evitar unha guerra".
Fidel apela no seu alegato pacifista aos "sacrificios" humanos de calquera conflito e ás repercusións internacionais que devirían de estourar. Para o líder revolucionario Corea debe lembrar "os deberes" contraídos con aqueles países "que foron seus grandes amigos" e que se verían abocados a tomar posicións de estalar a guerra.
Aliás, lembra Fidel, "o deber de evitalo" tamén é dos EUA se non quer, di, "verse sepultado polo dioivo de imaxes" que presentarían o seu presidente "como a máis senestra personaxe da historia" estadounidense.