Fidel Castro chama a "evitar unha guerra" en Corea

No seu alegato pacifista, o líder revolucionario apela ao deber das partes e agarda que o presidente Obama non queira ficar como "a personaxe máis sinestra da historia" de se encetar un conflito nuclear na peníns  ula de Corea. Fidel Castro non escribía desde xuño de 2012. 

Kim Il Sung condecora a Fidel
photo_camera Kim Il Sung condecora a Fidel

O líder da Revolución cubana coñece de primeira man o que é unha ameaza nuclear. A crise de Outubro de 1962 segue a ser considerada o momento de maior tensión bélica na era bipolar. Os EUA e a URSS a piques estiveron de encetar un conflito que non só faría desaparecer á pequena illa do Caribe, senón que de seguro tería levado por diante a boa parte da poboación estadounidense afincada a tan só unha millas da costa cubana. 

Fidel Castro viviu ese precedente mais tamén foi testemuña da guerra de Corea (1950-1953) que remataba un ano despois do golpe de Estado que sentaba ao militar Batista aos mandos de Cuba. Coñeceua  Kim Il Sung e partillaría amizade co pobo norcoreano desde o trunfo da Revolución. Porén, e perante as advertencias deitadas polo agora presidente da República Democrática de Corea face as manobras militares estadounidenses e a tensión na fronteira cos veciños do Sur, fixeron ao comandante apelar ao "deber de evitar unha guerra". 

Fidel apela no seu alegato pacifista aos "sacrificios" humanos de calquera conflito e ás repercusións internacionais que devirían de estourar. Para o líder revolucionario Corea debe lembrar "os deberes" contraídos con aqueles países "que foron seus grandes amigos" e que se verían abocados a tomar posicións de estalar a guerra. 

Aliás, lembra Fidel, "o deber de evitalo" tamén é dos EUA se non quer, di, "verse sepultado polo dioivo de imaxes" que presentarían o seu presidente "como a máis senestra personaxe da historia" estadounidense. 

Comentarios