Gobernos de esquerda

O ‘ciclo progresista’ en América Latina

Nun contexto marcado pola ameaza de retrocesos en América Latina, pola vía de reverter os avanzos atinxidos polos gobernos de esquerda, profundamos no número 246 de Sermos Galiza na análise do chamado ‘ciclo progresista’ que marcou un punto de inflexión na historia continental.

Após a destrución da Unión Soviética, o capital emprendía unha feroz ofensiva neoliberal debruzándose con saña sobre os dereitos atinxidos polas clases traballadoras e populares en todo o mundo. Con boa parte da esquerda mundial fóra de xogo, a vangarda da loita social e política deslocábase até a América Latina. Á súa análise dedica o politólogo vasco, Katu Arkonada, o seu último libro, publicado en coautoría coa socióloga Paula Kalchko. Desde abaixo, desde arriba. Da resistencia aos gobernos populares: escenarios e horizontes da mudanza de época en América Latina (Editorial Caminos, La Habana, 2016) é unha obra referencial para entendermos o acontecido na outra beira do Atlántico nas últimas tres décadas.

3Para alén das particularidades e especifidades coas que se manifestou en cada país, o ciclo progresista latinoamericano constitúe un proceso histórico único. Esa é a perspectiva sob a que elaboran a súa análise Arkonada e Kalchko. Un proceso de mudanzas que segmentan en cinco etapas precedidas por unha previa de “acumulación orixinaria”, con base nas loitas de resistencia fronte ao neoliberalismo decorridas entre 1989 e 1998. “Ao tempo que se nos dicía que chegara a fin da historia e da loita de clases, no Sur do mundo comezaba a xermolar unha resistencia ao neoliberalismo inda embrionaria”. Os principais antecedentes desta etapa son o ‘caracazo’ en Venezuela no 1989 e o levantamento zapatista en México en 1994.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 246, á venda na nosa loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios