Viaxe ás terras de Pardo de Cela (Roteiro 8)

Catedral de Mondoñedo. (Foto: Jose Luis Cernadas Iglesias).
photo_camera Catedral de Mondoñedo. (Foto: Jose Luis Cernadas Iglesias).

Un fidalgo cuxas orixes están ligadas a Betanzos pero cuxa vida se desenvolve no norte galego, o mariscal Pedro Pardo de Cela exemplifica a oposición dunha parte maioritaria da sociedade galega á política centralizadora dos Reis Católicos.

A súa traxectoria vital e particularmente a súa execución polas tropas castelás en decembro de 1483 explícanse no marco dunha revolución autenticamente nacional e popular, que se alonga por perto de sete anos e que só puido ser derrotada pola violencia e o terror xeneralizado. Neste contexto, o asasinato de Pardo de Cela e a posterior derrota dos galegos abre a porta a política centralizadora e oligárquica dos reis casteláns na Galiza. 

A viaxe polas terras de Pardo de Cela arranca na basílica do século IX de San Martiño de Mondoñedo, en Foz. O templo, de estilo románico e primitiva sede da diocese de Mondoñedo, ligado ás familias dos Guterres e dos Froilaz, foi o lugar escollido polas tropas castelás e francesas para cercar a Pardo de Cela no seu castelo da Frouseira. Precisamente, os restos de fortificación localizada en Santa Cilia do Valadouro, en Foz, é a segunda parada desta rota. 

O recorrido continúa nas terras de Alfoz do Castro Douro. Neste pazo, consérvase unha antiga torre defensiva ligada a Pardo de Cela e reconstruída no século XIX así como a casa de Fonso Eanes, onde segundo a tradición foi detido o mariscal polas tropas castelás.

A viaxe remata en Mondoñedo, en cuxa praza foi o executado este rebelde galego por ordes dos Reis Católicos, sendo de visita obrigada a súa catedral do século XII, onde se conserva a tumba de Pardo de Cela.

Máis en Información do Reino
Comentarios