A Galiza ignorada

O noso primeiro reino

O rei Miro con Martiño de Dume nunha miniatura, 'De virtutibus quattuor'. (Foto: Biblioteca Nacional de Austria)
photo_camera O rei Miro con Martiño de Dume nunha miniatura, 'De virtutibus quattuor'. (Foto: Biblioteca Nacional de Austria)

Procedentes de Germania e aproveitando a crise de liderado no Imperio Romano de Occidente, no ano 409, un amplo continxente de alanos, vándalos e suevos asentábase na Península Ibérica. Descoñecemos as circunstancias políticas que o posibilitaron, porén, sabemos que regnum que un deles, os suevos, acabarían formando un marcaría a historia de Galicia para sempre.

Á chegada dos suevos no ano 411, a provincia romana de Galicia ―denominada entón Gallaecia― non só comprendía todo o noroeste peninsular senón que, tras catro séculos de dominio romano, esta adquirira unha certa infuencia a través de figuras como Prisciliano, Exeria ou Orosio. Porén, a fn da autoridade romana e o ascenso do suevo Hermerico supuxo un escenario de incerteza para Gallaecia como rei da Gallaecia os pobos galaicos, especialmente para a aristocracia, cuxo máximo representante era o bispo limián Hidacio, autor da excepcional Chronica.

Tras o receos iniciais, o reinado de Requiario constitúe un período de integración entre galaicos e suevos, como demostra a adopción do catolicismo polos últimos, así como un tempo de esplendor político, coa hexemonía peninsular e a acuñación de moeda propia, a primeira realizada en Europa por un rei xermánico católico.

O asasinato de Requiario polos visigodos (456) non lograría deter a construción dun reino que, após cen anos, acadaba gran brillantez cultural. Unha Gallaecia con capital en Braga, que acollería refuxiados britanos e onde destacarían fguras como o rei Teodomiro, responsable da organización eclesiástica galega a través da Diviso Theodomiri, ou Martiño de Dumio, líder espiritual do reino, conselleiro do rei Miro e autor de obras como De correctione rusticorum, dirixida a acabar co priscilianismo e o paganismo.

A pesar de que no ano 585, o rei visigodo Leovixildo conseguía derrocar a Audeca, último rei suevo da Gallaecia, a identidade do reino ―dominado ata o 711 polos visigodos― perdurou e, en gran parte, sostivo a propia existencia de Galicia en séculos posteriores.

Singular e crucial, é esta unha historia infelizmente desterrada dos centros do ensino do país. Tampouco estatuas, monumentos ou rúas lembran estes feitos e personaxes, ata cando este desleixo?

Máis en Información do Reino
Comentarios