Yolanda Díaz: "Galiza non é soberana nen España é soberana"

A dirixente de Esquerda Unida relativiza a importancia do conceito soberanía. "Non hai soberanía", afirmou. "Galiza non é soberana nen España é soberana. Somos pouco menos que un protectorado alemán".

Yolanda Díaz
photo_camera Yolanda Díaz, no escano

Yolanda Díaz ofereceu unha conferencia de imprensa esta cuarta feira e foi interpelada a respeito da forma de concorrencia da súa organización ás eleccións europeas.

A dirixente de EU emprazou o BNG a que se una á frente ampla de esquerdas pola que advoga a formación liderada por Cayo Lara. "Non son tempos de sectarismos, senón de xenerosidade".

Como pretende persuadir IU o BNG de que se una a unha coligación por ela liderada? Pois, a xulgar polas declaracións de Díaz, apartir da minimización do conceito soberanía. Por que loitar pola soberanía galega se tampouco España é soberana?, vén argumentar a vice-portavoz parlamentar de AGE.

Díaz xa dixera no seu momento nun mítin con Syriza: "Se seguides co soberanismo [en alusión ao BNG], é que non vos enteirades de nada"

Non é a primeira vez que a dirixente, militante do PCE, marca distancias a respeito dun principio ideolóxico chave para o nacionalismo. Nun mítin realizado en Madrid na compaña de Syriza, atacou o BNG nestes termos: "Se seguides co soberanismo, é que non vos enteirades de nada".

Comentarios