Yolanda Díaz dille ao BNG que "son tempos de grandeza e non de sectarismos"

En conferencia de imprensa, a dirixente de EU informou de que esta quinta feira a súa organización cursou "distintos convites á esquerda plural do país" para concorreren coligados a Europa. Un deses convites foi para o BNG.

O Espazo Ecosocialista -parceiro de EU en AGE, como Anova- e outros colectivos sociais tamén foron destinatarios dos convites, que terían como propósito, en primeira instancia, abrir un proceso de traballo conxunto "na procura desa coincidencia programática de mínimos".

As alusións ao BNG na comparecencia de imprensa foron constantes por parte da vice-portavoz de AGE.

"Creo que están [@s do BNG] coa folla cambiada", di Yolanda Díaz

Destarte, considerou un "erro" que se poñan "vetos" á hora da configuración dunha alianza eleitoral, en clara alusión ao BNG [que defende a constitución dunha candidatura soberanista e non participada por ninguha forza que teña o seu centro de decisión en Madrid]

EU tería transmitido formalmente ao BNG a "necesidade" de "conversar e partillar o diagnóstico". Palabras amábeis estas. Non tanto estoutras: "Ao BNG EU dille que son tempos de grandeza e non de sectarismos". Estas xa constitúen directamente unha crítica: "Creo que están [@s do BNG] coa folla cambiada".

Comentarios