Esta sexta, máis un Sermos no quiosque!

Sermos Galiza leva xa dez edicións. Neste número revisamos as políticas da Xunta de Feijóo en materia de prevención e extinción de incendios. Asemade, analizamos a instrumentalización que o Partido Popular fai do poder lexislativo impedindo o debate das Iniciativas Lexislativas Populares no Parlamento.

Na crónica política desta semana, revisamos os pelotazos urbanísticos da Coruña e da fugaz viaxe de Rajoy a Sanxenxo na que, quizais, se debatise a data para as vindeiras eleccións nacionais.
A crise lévanos neste número a botar unha ollada arredor do comercio local, desmantelado polas políticas dereitistas dos gobernos español e galego. Así mesmo, analizamos a privatización da sanidade pública a través da introdución do pagamento sanitario a inmigrantes.

A Memoria Histórica lévanos no número dez até a figura de Moncho Reboiras a través das verbas de Manuel Mera.

@s olímpic@s galeg@s e as súas medallas ocupan as páxinas de deportes. En cultura entrevistamos a María Costa, actriz de Galiza Caníbal e visitamos a Casa dos Libros co Okapi.

En andar a Terra viaxamos ao barrio coruñés de Monelos para conversar na contra con Narf, antes de partir para Maputo.

Comentarios