A Xunta valora a resolución sobre o Prestige: Rueda auto-parabenízase pola organización do macroxuízo

Foi todo o que atinou a dicir o vicepresidente, Alfonso Rueda: que o xulgamento na Audiencia da Coruña "non foi fácil" de organizar, polo que parabenizou o seu propio goberno.


A setenza que deixa a catástrofe do Prestige en nove meses de prisión para o capitán do barco por un delito de "desobediencia" non provocou reacción ningunha en San Caetano. Houbo valoración, si, mais o encargado de a facer pública, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, só atinou a dicir que a organización do macroxuízo "non foi fácil" e parabenizou o seu propio goberno polos resultados.

A respeito das declaracións realizadas pola portavoz do PP, Paula Prado, na liña de que houbo "manipulación" por parte de "algúns sectores políticos" que tiraron "réditos" da marea negra, Rueda sinalou que a Xunta non as asumirá como propias até non ler "ben" a sentenza. Polo momento, sinalou que "os responsábeis políticos fican exentos das responsabilidades que algúns colectivos atribuían directamente".

Comentarios