A Xunta sobe os carburantes para soster a sanidade mais imporá o repago farmacéutico

Sobe os carburantes, gasolina e gasóleo, para soster o modelo de sanidade pública mais todo indica que conservará o repagamento farmacéutico que impón o PP desde Madrid. A Consellaría de Facenda da Xunta anunciou o incremento que reverterá nos orzamentos do ano próximo. 

A Conselleira de Facenda, Elena Muñoz anunciou que a Xunta aumentará a presión fiscal sobre os carburantes co fin de soster o modelo público de saúde. Serán 2,4 céntimos por litro a gasolina e 3,4 o gasóleo. Sen embargo, non anunciou a eliminación do repagamento farmacéutico imposto polo goberno do PP e que na Galiza xa varios concellos anunciaron que asumirían co fin de que a súa veciñanza con enfermidades crónicas poda seguir tomando os tratamentos médicos. 

Desta maneira, a Consellaría de Facenda decidiu subir o tramo do imposto que depende dos distintos gobernos autonómicos o que suporá un aumento do prezo final dos combustíbeis entre os 2,4 céntimos fronte aos 3,6 do gasóleo . O recadado pasará a tomar parte dos orzamentos de 2014, ao igual que o repagamento farmacéutico que, segundo as previsións, o goberno da Xunta aplicará, fronte ás decisións doutros gobernos autonómicos que optaron por non facer efectiva a medida do goberno de Rajoy. 

Comentarios