A Xunta négase a limitar o gasto en asesores políticos e persoal de libre nomeamento

“Vai manter o plus de altos cargos e metendo persoal directivo na función pública”, advirte CIG-administración.

A Xunta rexeita limitar o gasto que adica a asesores políticos e persoal de libre nomeamento, segundo a CIG, que afirma que o goberno galego está decidido a manter o plus de altos cargos e seguir metendo na administración pública a persoal da empresa privada en postos de dirección. Actualmente a Xunta gasta case sete millóns de euros anuais en persoal eventual, “aquel que segundo a Lei de Función Pública actual é de libre nomeamento das persoas integrantes do Consello da Xunta”. En concreto son 6,7 millóns de euros.

A central nacionalista pediu limitar este gasto na propia lei de función pública,. A resposta da Xunta foi non só rexeitar a proposta senón que decidiu eliminar da lei a súa característica de “non permanente” da relación deste persoal. “Isto significa que a permanencia deste persoal nomeado a dedo para facer funcións de asesoramento político sairía reforzada”.

Incumprimento da Lei de Transparencia

Por outra banda, a Xunta segue sen cumprir a Lei de Transparencia e boas prácticas “que no seu artigo 17 lle obriga a publicar nominalmente na súa páxina web as retribucións públicas percibidas polo persoal eventual, entre outros, con expresa indicación dos diferentes conceptos retributivos”.

Comentarios