A Xunta desmantela o Servizo de Apoio á Mobilidade Persoal, o 065

Ferrolterra ,Verín, O Barco, Vigo e Pontevedra quedarán sen o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal, o 065. O BNG esíxelle ao goberno que explique como ten previsto garantir o desprazamento de persoas dependentes. 

065
photo_camera 065

Nas comarcas de Ferrolterra, Verín, O Barco, Vigo e Pontevedra a Xunta deixou deserto o concurso  co que se quería proceder á modificación do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal, o 65 que se encargaba do desprazamento regular de persoas dependentes e que fora posto a andar durante o bipartito. Para as deputadas Carme Adán e Ana Pontón, que presentaron diversas iniciativas parlamentares, a modificiación do Servizo “é un novo paso na eliminación dos programas de dependencia e benestar”. 

“Unha vez máis a Consellaría de Traballo e Benestar desmantela un servizo necesario, como é o de transporte adaptado, que custou moito esforzo deseñar e implantar e que daba servizo de xeito regular aos dependentes que así o solicitaran”, sinalan, dunha modificación pola que, segundo apuntan, a Xunta deixará de prestar o servizo de traslado dos dependentes a centros onde se realizan terapias e reducindo a un transporte particular para usuarios do Consorcio de Benestar. 

O 065 foi posto en marcha pola Vicepresidencia da Xunta no goberno bipartito e era empregado por máis de 7.000 persoas e contaba con máis de cen furgonetas que agora se reducirán en máis da metade. 

Comentarios