A Xunta convoca unha nova campaña publicitaria de 600.000 € para animar á natalidade

A Consellaría de Traballo e Benestar Social saca a concurso unha nova campaña, desta volta de 600.000 euros, para animar á natalidade, o que suman máis de 1,5 millóns en menos de dous anos. 

O día despois de Nadal, a Xunta de Galiza, a través da Consellaría de Traballo e Benestar Social, publica no DOG un novo concurso para adxudicar unha campaña publicitaria de animación á natalidade, neste caso, por un importe de 600.000 euros. 

A CIG- Autonómica, denuncia que, con esta nova campaña, son xa máis de 1,5 millóns de euros os que a Xunta ten destinado a publicidade para animar a parir desde que en abril de 2013 se aprobou o Plan de dinamización demográfica. 

Tres campañas en dous anos

Desde entón e, en menos de dous anos, a Xunta executou un gasto superior a millón e medio en publicidade. Canal Uno de Comunicación foi a adxudicataria da campaña de 2013 con  508.132,94 €  e Punto Norte levou a do 2014 de 263-563,72 € que se engaden a esta terceira que sae publicada este 26 de decembro no Diario Oficial de Galicia. Sumando o IVE correspondente, a cantidade total supera o 1,5 % en publicidade o que, segundo a CIG é unha “cantidade que puidera ter sido adicada directamente á dinamización demográfica mediante a potenciación dos servizos sociais públicos como, por exemplo, as garderías”. 

“Existe unha desproporción evidente entre o que se gasta en publicidade e a inversión real que despois aparece detrás”, denuncian desde a CIG-Autonómica. 

Comentarios