A Xunta contrata por 100.000 euros unha 'consultora fantasma' para tarefas que podían facer empregad@s públic@s

A Axencia Galega de Infraestruturas formalizou un contrato para a realización de "consultoría funcional de procedementos administrativos competencia desta Axencia”. Traballo que, sostén a CIG, noutros organismos desenvolven os e as traballadoras públicas.

Consello da Xunta
photo_camera Consello da Xunta

A Axencia Galega de Infraestruturas formalizou o 7 de marzo de 2014 un contrato para a realización de "consultoría funcional de procedementos administrativos competencia desta Axencia". Este contrato foi finalmente adxudicado a E-Tecnia Geosistemas e Ingeniería, S.L. por un valor de 79.073,83 € (sen IVE) e cun prazo de execución de 18 meses.

Para o sindicato nacionalista CIG, “o obxecto deste contratro de servizos é algo que no resto de centros ou departamentos da Xunta se fai con traballadoras e traballadores públicos e coordinado pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa”.

O sindicato afirma que o verdadeiro “obxectivo final" deste contrato de servizos é contratar a 2 pesoas durante ano medio, afirma a CIG. Cun gasto que "contrasta  coa política de austeridade da Xunta de Galiza co persoal propio".

Comentarios