A Xunta colabora cunha RAE que recomenda o uso de “La Coruña” e “Orense”

A Xunta, a través da Fundación Cela, colabora no tricentenario da Real Academia Española a través dunha exposición arredor da presenza do escritor na institución. A RAE recomenda no seu dicionario o uso das fórmulas ilegais “La Coruña” e “Orense”. 

Definición da RAE
photo_camera Definición da RAE

A Real Academia Española sáltase no caso galego as leis e as sentenzas xudiciais emitidas ao respecto e continúa a recomendar o uso dos topónimos deturpados en español.

No Dicionario Panhispánico de Dúbidas que a Real Academia Española ten pendurado na rede, contempla como nomes recomendados para as provincias e cidades da Coruña e Ourense as fórmulas “La Coruña” e “Orense”. Malia as sentenzas xudiciais e a lexislación sobre o tema que recollen como única forma válida os topónimos en galego, a RAE recoñece os nomes ilegais en español e apunta que “salvo en textos oficiais, onde é preceptivo usar o topónimo galego como único nome oficial aprobado polas Cortes españolas, en textos escritos en castelán debe empregarse o topónimo castelán”. 

No diccionario de dúbidas pódese comprobar que a RAE remite automaticamente a "La Coruña" e "Orense" ao buscar "A Coruña" e "Ourense". 

                        

Comentarios