A xuíza da Pokémon ve indicios de delitos no presidente do PP de Lugo

A xuíza Pilar de Lara ve indicios de que o voceiro do PP no Senado e presidente do partido en Lugo, José Manuel Barreiro cometeu delitos de tráfico de influencias e suborno. O Tribunal Superior diríxese á Fiscalía para saber se debe actuar no caso dentro da causa aberta pola Pokemon. 

O Tribunal Supremo pediu á Fiscalía un informe sobre competencia e fondo ao gozar o voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro da condición de aforado. O maxistrado Antonio del Moral García foi designado poñente do caso, unha vez que a xuíza Pilar de Lara, titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo remitiu ao Tribunal Supremo exposición razoada contra o portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro por presuntos delitos de tráfico de influencias e suborno. 

No mesmo caso atópase o actual presidente de Cantabria, Ignacio Diego, o conselleiro de Obras Pública e Vivenda, Francisco Rodríguez Argüeso, neste caso por delito de suborno. O presidente da Sala do Penal, Manuel Marchena Gómez é neste caso o designado como poñente. 

Comentarios