Un xuíz da Audiencia Nacional cuestiona por segunda vez que Resistencia Galega sexa unha banda terrorista

O maxistrado Ramón Sáez Valcárcel dubida nun voto particular da veracidade do testemuño dun ‘arrepentido’. AN condena a Heitor Naia a 11 anos por ‘colaboración con banda armada’ e ‘danos con finalidade terrorista’.

Audiencia Nacional
photo_camera Audiencia Nacional

A sección primeira da Sala do penal da Audiencia Nacional emitiu unha sentenza pola que condena a Heitor Naia, xulgado en outubro, a 11 anos de prisión por ‘colaboración con banda armada’ (5 anos de cadea) e ‘danos con finalidade terrorista’ (6 anos). O auto será elevado prante o Tribunal Supremo, continuando Heitor Naia en liberdade provisional até que o TS decida. A sentenza tamén condena a Diego Santim a 3 anos de prisión e 3 de liberdade vixiada, e a Xurxo Rodríguez a 3 anos de cadea.Estaban acusados de colocar tres artefactos explosivos que causaron danos por valor de 11.000 euros.

Mais neste auto hai un voto particular do maxistrado Ramón Sáez Valcárcel no que este xuíz da Audiencia Nacional cuestiona a consideración de Resistencia Galega como banda terrorista. Tamén considera que non hai elementos de abondo para condenar a Naia.

Non é a primeira vez que Sáez Valcárcel emite un voto particular cuestionando que RG sexa unha banda armada. En maio deste ano fíxoo cun voto particular no auto que condenaba a Xurxo Rodríguez e Carlos Calvo a 6 e 12 anos de prisión no que mostraba as súas dúbidas de que RG fose unha organización terrorista.

O maxistrado afirmaba naquel voto que “non todo acto de violencia con finalidade política pode ser cualificado como terrorista” e que RG nunca atentou contra a vida ou liberdade das persoas”.

Comentarios