Antonio López é o voceiro de Izquierda Unida en Arteixo. Nunha entrevista en La Voz de Galicia, López califica a Rajoy de “estafa”, para engadir de seguido que “recoñezo que eu lle votei para botar do goberno a Zapatero”.
A preguntas do xornalista, o novo rostro de EU-IU en Arteixo resposta: “Fíxeno (votar a Rajoy) porque con Zapatero as cousas estaban moi mal. Mais excedémonos ao dar a maioría a Mariano”.
“Tamén votei por Beiras e no seu día por Paco Vázquez"
Nese punto, sinala que “tamén votei por Beiras e no seu día por Paco Vázquez. Creo que a política é para o pobo que é quen ten que decidir”.
Outra política é posíbel
Antonio López recoñece na entrevista co xornal coruñés que o que máis lle atrae de Izquierda Unida é que “é asemblearia” e defenden que “outra política é posíbel”.