O presidente da Asociación de Prexudicad@s polo accidente ferroviario do Alvia (Asfapa) aseguraron após coñecer o auto emitido pola Audiencia provincial que acollían con "preplexidade" a resolución do tribunal.
En declaracións á axencia de noticias Europa Press, Cristóbal González, entende que a imputación dos cinco técnicos de Adif sinalada polo xuíz instrutor do caso, Luís Aláez, é precisa para "aclarar os feitos" acontecidos o pasado 24 de xullo na curva da Grandeira mais tamén para que "non volva acontecer".
Neste senso, desde a Asociación consideran que o auto coñecido esta segunda feira e que veu a resolver o recurso de apelación interposto polos imputados está "fóra de lugar" se ben, acrecentou González, "respecta" a decisión xudicial mais, explicou, "non vai ser doado" partillala.
Cren que a Audiencia podería deixar sen efeito as imputacións doutros 22 cargos de Adif
Tamén así, o presidente de Aspafa, considerou que o fallo da Audiencia provincial deixa "entrever" a decisión que adoptará este tribunal en relación cos recursos presentados por outros 22 cargos de Adif e que para as vítimas as súas imputacións poderían ser anuladas. "Dame que pensar", insistiu Cristóbal González.
Desde a Asociación anunciaron que a vindeira semana se reunirán coa súa equipa de avogad@s á fin de analizar cales son as posibilidades de actuación que deixa a revogación das imputacións mais advirten que se non é como imputad@s, reclamarán a declaración d@s directiv@s de Adif en calidade de testemuñas durante o proceso xudicial.