Vigo acolle unha nova presentación de Sermos Galiza

Será esta terza feira ás 20.15 horas no Auditorio Municipal do Areal

Organizado pola Asociación Cultural O Castro, o acto contará coa participación de Manuel Mera, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza; Carme Adán, deputada do Bloque Nacionalista Galego e o editor Manuel Bragado. A presentación terá lugar no antigo Paraninfo da Universidade, actualmente Auditorio municipal do Areal. 

Manuel Caride representará á Asociación Cultural na mesa de presentación que encetará ás 20.15h. 

Comentarios