Galiza

Vence remite unha carta ás plataformas de preferentistas contra a quita "estafa" que prepara o Estado

Vence remite unha carta ás plataformas de preferentistas contra a quita "estafa" que prepara o Estado

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, quixo estar acarón [email protected] [email protected] pola estafa das preferentes nun dos seus primeiros actos como líder nacionalista. A formación frentista dirixiu unha carta ás plataformas de preferentistas contra a quita que prepara o Goberno Rajoy.
Vence, coas preferentes
photo_camera Vence, coas preferentes

Xavier Vence -acompañado da alcadesa de Tomiño, Sandra González, e diversos cargos orgánicos e institucionais do BNG no Baixo Miño- renderon unha visita aos preferentistas que se achan fechados no concello de Tui.

Alí fíxolles entrega dunha carta que tamén foi remitida ás distintas plataformas que agrupan os milleiros de [email protected] atinxidos polo calote.

Arredor de 60.000 familias galegas están amezadas por unha quita que até pode chegar ao 55 por cento dos seus aforros. Vence responsabilizou do que cualificou de estafa ao Goberno do Estado e á Troika (FMI, Comisión Europea, Banco Central Europeu).

O BNG demanda a devolución íntegra dos seus aforros ás vítimas do calote. Vence dirixiu duras críticas a forma en que está a xestionar este asunto o presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, ao que cualificou de "trileiro".

O Banco de España tamén foi albo das censuras de Vence, quen dixo que o supervisor fixo a vista gorda mentres se consumaba a fraude.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

Máis en Galiza
comentarios