Veciñanza de Compostela critica que o goberno municipal non se molle nin co dioivo

Unha enorme tromba de agua sorprendeu onte á veciñanza de Compostela que viu como edificios e locais anegados por segunda vez no que vai de ano. Veciños da zona máis afectada lamentaron a pasividade do goberno municipal mesmo co diluvio que padeceron. 

Dioivo en Santiago
photo_camera Dioivo en Santiago

“Vivimos unha nova inundación, aneg´ronse casas, as mesmas cada vez, e os do Concello nin veñen, nin chaman nin tan sequera sen informa e, moito menos amañan o problema”, sinala un veciño que se dirixiu a este xornal para denuncia a situación vivida durante a noite na rúa Pelamios, unha das zonas máis afectadas polo dioivo que na noite de onte anegou unha parte de Santiago. Desde o barrio puxéronse en contacto co Concello en repetidas ocasións e lamentan non ter obtido resposta, malia a contundencia da tromba de auga. 

A tromba de auga sorprendeu á veciñanza pouco despois das dez e media da noite e en só vinte minutos rexistráronse máis de vinte litros por metro cadrado. Os bombeiros tiveron que efectuar máis de vinte saídas por inundacións e avisos da veciñanza mais, en especial na zona que vai desde a Facultade de Económicas ao Carme de Abaixo as augas entraron en casas, garaxes e locais comerciais xa afectadas por segunda vez neste ano. O Multiusos do 

Sar, outra das zonas máis afectadas, tivo que pechar as instalacións polos efectos da tromba de auga. 

 

Comentarios