Unha sabotaxe resulta na vertedura de 4.000 litros de gasoil na praia dos Castros

Unha sabotaxe a catro camións estacionados nunha gasolineira de Ribadeo resultou na vertedeura de máis de 4.000 litros de gasóleo a un regueiro, produto que chegou ás praias dos Castros e Augas Santas
Praia das Catedrais

Descoñecidos picaron as rodas dos catro camións e danaron as cisternas dos vehículos, estacionados na gasolineira da Devesa (Ribadeo), unha sabotaxe que resultou na vertedura de máis de tres mil litros de gasoil en augas das praias de Augas Santas (As Catedrais) e dos Castros, na Mariña lucense. A Xunta activou en fase de alerta o Plan de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental. 

O grupo de apoio loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, persoal de Gardacostas e técnicos de Calidade e Avaliación Ambiental traballan na eliminación dos restos da vertedura. En coordenación, técnicos de Augas de Galicia e de Intecmar recollerán mostras entre hoxe e mañá para avaliar a incidencia da vertedura na calidade das augas e en recursos pesqueiros, principalmente no percebe e o oricio. Aliás, realizarase un estudo do chan contaminado para comprobar os danos. 

A empresa de transporte que sofreu a sabotaxe denunciou danos materiais que superan os 100.000 euros.

Comentarios