Unha ollada A Fondo sob o 'desastre' palestino

A piques de se conmemorar a Al-Nakba dedicamos o noso caderno de análise ás políticas xenocidas do Estado de Israel. Mais tamén ás iniciativas sociais que loitan contra a impunidade 65 anos após a ocupación 

En parcería coa Plataforma BDS-Galiza conmemoramos os 65 anos da traxedia palestina (Al-Nakba) coa edición dun A Fondo sobre a ocupación. 

O 15 de maio de 1948 Israel implantouse e iniciou a súa expansión nos territorios palestinos. Milleiros de cidadás e cidadáns foron expulsad@s pola forza ds seus lares e obrigad@s a viviren en campos de refuxiad@s.

Desde 2005 púxose en marcha --emanada da sociedade civil palestina-- a campaña global Boicote, Desinvestiment e Sancións a Israel (BDS). Unha iniciativa que desde 2010 botou a andar na Galiza. Con el@s abordamos o aparheit, o racismo e a limpeza étnica de Israel contra o pobo palestiniano. Mais tamén, recabamos a opinión de cidadás e cidadáns israelitas que rexeitan mesmo a existencia do propio Estado de Israel como o músico e activista político Gilad Atzmon (Tel-Aviv). 

"Asediar o asedio", en verbas do poeta Mahmoud Darvish. Ese é o chamado que lanzan desde BDS para loitar contra a impunidade de Israel e contra a inacción dos organismos internacionais, a comezar polas propias Nacións Unidas. A realidade é clara, conta nas primeiras páxinas o activista palestino residente na Galiza, Mohamed Safa: "O 70% da sociedade palestina está formada por refuxiados e a metade do pobo vive baixo a ocupación militar". 

O mantemento desta realidade que cumpre xa máis de medio século, non puido manterse no tempo sen a cumpricidade da propia comunidade internacional. Países, mais tamén organizacións, que colaboran directa ou indirectamente coa ocupación militar, as violacións dos dereitos humanos e a represión política e social. Unicef é un dos cómplices. Sobre a súa colaboración co réxime sionista fala Julia Jabary, escritora, xornalista e tradutora. 

Desde a Galiza, érguen a voz algunhas das persoas que toman parte da Plataforma BDS, con elas salientamos a forza das iniciativas postas a andar pola sociedade civil que procuran no noso país o apoio directo do pobo na loita contra a impunidade. 

Comentarios