mércores 14/04/21

Unanimidade do pleno para aprobar hoxe unha declaración institucional de apoio ao pobo palestino

O pleno do Parlamento aprobará hoxe unha declaración institucional de apoio ao pobo palestino cos votos da unanimidade dos grupos políticos con representación. Reclama, entre outras cousas, o cumprimento das resolucións das Nacións Unidas. 

palestina
palestina

A declaración institucional do Parlamento de Galicia será aprobada coa unanimidade de apoio dos grupos con representación no pleno desta terza feira con motivo do aniversario do comezo do éxodo do pobo palestino que se conmemora o 15 de maio. 

No documento, o Parlamento reclama da comunidade internacional que esixa a Israel o cumprimento das resolucións das Nacións Unidas e o respecto absoluto dos dereitos humanos e colectivos do pobo palestino. A declaración institucional contempla tamén o recoñecemento do dereito ao retorno das persoas e comunidades ás casas e terras de que foron expulsadas. 

“Manifestamos o noso máis firme compromiso cos dereitos inalienábeis da persoa, coa liberdade e co máis pleno respecto á dignidade humana”, sinálase nun dos distintos puntos do documento que será rubricado por todos os grupos parlamentares no que tamén se explicita un compromiso activo por parte do Parlamento á hora de non escatimar  “esforzos en contribuír desde Galicia a construír unha rede internacional xusta baixo o respaldo da legalidade internacional, un mundo no que a forza fique sempre sometida ao dereito”- 

Desde BDS-Galiza promóvense distintas campañas polo "boicot, o desenvestimento e ás sancións a Israel e en solidariedade co pobo palestino. 

comentarios