Un país ao que lle poñen a maleta na porta, no número 53 de Sermos Galiza

A emigración é un drama e non unha aventura. Con esta premisa abrimos as primeiras páxinas de máis un número do Sermos Galiza do que facemos protagonistas ás máis de 120.000 persoas emigradas nos últimos 5 anos. Á venda na nosa loxa. Es persoas subscritoras do semanario en papel poderán facer descarga gratuíta dándose alta na loxa

Rodríguez Miranda, secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galiza asegurou aledarse de que @s galeg@s "emigren dun xeito ordenado". Porén, os milleiros de persoas que se ben abocad@s a abandonar o país na procura dun futuro poñen voz a un drama que non dista tanto do vivido polos seus proxenitores. 

Nas páxinas de Política achegámonos á "política suicida" dos aeroportos galegos após a guerra desatada polas subvencións públicas destinadas ás aeroliñas. Nós botamos o dentes arredor do intenso debate xerado sobre o futuro das tres terminais da Galiza. 

Aliás, achegámonos a unha das polémicas da semana. Logo de que o diario español El Mundo publicase uns supostos informes elaborados polos servizos policiais e de intelixencia españois arredor da liña política do BNG, analisamos a resposta do Bloque. @s nacionalistas denuncian a ofensiva criminalizadora que o delegado do Goberno central na Galiza lidera contra o nacionalismo. 

Na sección de Economía, botamos unha ollada á comisión de investigación das caixas e a estratexia do Partido Popular. Olvido e perdón d@s populares que embora aceptasen constituír este organismo parlamentar non permanente renunciaron a que cumprise coas súas funcións. Nin Fernández Currás, nin MAFO nin Almunia comparecerán porén o sector financeiro galego segue pendente dun fío. 

Asemade, achegámonos á queda na recadación fiscal da Galiza. 400 millóns de euros menos froito da crise, mais tamén, da negativa de Núñez Feijóo a facer pagar máis a quen máis ten. 

O sector naval ergueuse en Vigo contra o seu toque de graza. A UE obrigará a devolver as bonificacións percibidas, unha decisión que pon en risco o mantemento dun sector industrial estratéxico para o país mais a piques de ficar tocado e fundido

Após, o anuncio de Almunia, o sector naval ergueuse en Vigo contra o seu toque de graza. A UE obrigará a devolver as bonificacións percibidas, unha decisión que pon en risco o mantemento dun sector industrial estratéxico para o país mais a piques de ficar tocado e fundido. 

Nas páxinas de Cultura falamos do esmorecemento das salas de cinema. Logo do peche dos cines Vialia en Pontevedra, a cidade convértese na única capital de provincia en ficar sen exclusivistas un sector, o do cine, que deu comezo á súa conta atrás.

Aliás, conversamos con Pilar García Negro, arredor da súa última obra, "Cantares gallegos hoxe. Unha leitura actualizada de Rosalía de Castro". A profesora e escritora teno claro "Rosalía é a bandeira dun combate político a prol da Galiza" mais é preciso "desmusealizar" á nosa poeta nacional e afondar no seu feminismo "ilustrado" e no seu fondo compromiso con Galiza e coas clases populares. 

Queres saber que máis contidos te agardan neste novo número? Pois a que estás agardando! 

Bule ao teu quiosque ou faite xa cun novo Sermos Galiza na nosa loxa

Comentarios