Un home queima con gasolina a súa ex parella e a nai dela en Bertamiráns

A garda civil busca o autor deste novo caso de terrorismo machista na Galiza, namentres as mulleres fican ingresadas no hospital da Coruña e o seu prognóstico é reservado
photo_camera [Imaxe: Susete Ferrol]


Máis un caso de violencia machista na Galiza, desta volta en Bertamiráns, na comarca da Amaía.

A garda civil busca o home que lle botou gasolina por riba á ex parella e a nai dela, de quen coidaba por estar enferma, para despois prenderlles lume.

Segundo testemuñas veciñais, os feitos producíronse en plena rúa e por volta das dez da noite.

O autor dos feitos agardaba polas mulleres, de 61 e 87 anos, no portal do inmoble en que vivían.

Após o ataque, que realizou coa cara tapada por unha capucha, fuxiu. Elas foron transladadas ao hospital da Coruña. As queimaduras que sofre a ex compañeira do agresor son moi graves, polo que o seu prognóstico é reservado. Contra el había ditada unha orde de afastamento.

Comentarios