Un ex-deputado do PP admite a existencia de pagamentos en negro

O ex-deputado Jorge Trías Signer publica hoxe un artigo en El País en que confesa a existencia de pagamentos en negro.

O escándalo Bárcenas vai a máis e as súas consecuencias finais son neste momento impredicíbeis. Hoxe o diario El País publica un artigo do ex-deputado Jorge Trias en que admite a existencia de sobres en negro, pagamentos que ascendían até os 10.000 euros. O ex-parlamentar afirma que o asunto vén de lonxe e que non se quixo "mais puidose" resolver.

O político conservador pide a Rajoy que dea explicacións, xulga que a Axencia tributaria debería investigar se cómpre enviar o asunto ao xulgado e deixa entrever que se o PSOE non está a denunciar con contundencia este escándalo é porque talvez tamén teña algo que agochar.

Comentarios