Trinta e cinco colectivos deron o seu apoio á manifestación do Orgullo en Vigo

Centos de persoas reclamaron “”liberdade sen recortes” na manifestación que percorreu as rúas centras de Vigo con motivo do Día do Orgullo lésbico, gai, transexual e bisexual.  Trinta e cinco colectivos sociais e organizacións políticas sumáronse á manifestación aberta convocada por Nós Mesmas. 

 
Manifestación do Orgullo de Vigo
photo_camera Manifestación do Orgullo de Vigo

Implicadas no Desenvolvemento, MNG, PsdeG-PSOE, BNG, Marcha Mundial das Mulleres, FIGA, GN ou PCG son algunhas das 35 organizacións sociais e políticas que se sumaron a manifestación que na tarde do sábado saíu da Farola de Urzáiz para percorer as céntricas rúa de Vigo.  “Queremos que sexa un orgullo cidadán, un orgullo máis social e representativo. Un orgullo que amose o gran descontento social e o respaldo das nosas loitas pola sociedade en xeral e por outros movementos sociais”  recollíase no manifesto da mobilización á que se sumaron representantes de diversos colectivos e organizacións. 

A manifestación, que puña o ramo á programación desenvolvida durante toda a semana reclamaba, entre outras cousas, o dereito á saúde, cunha especial atención ás persoas inmigrantes en situación irregular que viven co VIH e sofren desatención por parte do sistema sanitario. Solicitaron tamén formación na diversidade no ensino, con programas específicos para educadores, nun momento no que os recortes sociais agravan tamén as situacións de discriminación.

Comentarios