Galiza

Tres mulleres e un home optan aos premios do Certame de Curtas para Rosalía da AS-PG

Tres mulleres e un home optan aos premios do Certame de Curtas para Rosalía da AS-PG

O “Certame de Curtas para Rosalía” fallarase na súa terceira edición mañá día 17 na Coruña e, dos catro autores finalistas, tres son mulleres, unha maioría difícil de atopar no mundo audiovisual. Organizado pola AS-PG busca homenaxear á autora de Cantares Gallegos.

 
Cartaz do Certame
photo_camera Cartaz do Certame

Un xurado composto polo director e guionista Raúl Veiga, o director e actor Omar Rabuñal, a actriz Isabel Risco Valdivieso e o produtor Alfonso Blanco decidiu seleccionar dous traballos na categoría de curtas de menores de trinta anos e tres na de curtas. Na de autoría nova, Mª Dolores Arias Rodríguez por A sombra e Jairo Iglesias Martínez por Dende un país que nunca vin competirán polo premio mentres Sandra García Rey por  Desafiuzamento (A Xustiza pola man) e Lara Bacelo González por Vaguedades optarán á mellor curta xunto coa de Jairo Iglesias que compite nas dúas categorías.


A Asociación Socio-Pedagóxica Galega busca coa organización deste certame homenaxear a Rosalía de Castro e contribuír á divulgación da Literatura Galega. O premio entregarase ás 20 horas de mañá luns día 17 no CGAI da Coruña.

Non é a primeira vez que no Rosalía de Castro a maioría das obras finalistas están asinadas por mulleres xa que na pasada edición, catro das sete pezas seleccionadas tiñan autoría feminina.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

Máis en Galiza
comentarios