Traballadores da administración cualifican o 'Código ético' de Feijóo de ''arroutada de indignidade''

A CIG- autonómica fala de ''Inadmisibles leccións de ética da persoa que lidera o partido que bate marcas en casos de corrupción''.

O 'Código ético' que vén de prometer Núñez Feijóo para restrinxir ou prohibir” os regalos á Xunta non é, para a CIG-autonómica, máis que un intento de desviar a atención” ante a vaga de corrupcións que asolgan o Partido Popular.

O sindicato nacionalista afirma da existencia dun nexo entre o desmantelamento do Estado do Benestar e a corrupción política, “e é precisamente a existencia de empregad@s públic@s, un dos freos para impedir que se siga metendo a man nas arcas públicas”.

Dende a CIG-Autonómica mmanifestan que quen necesita un código ético é o Partido Popular “e non imos consentir que o amigo dun narcotraficante dea leccións de ética pública aos empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza”.

Por iso, anuncian, “a CIG-Autonómica, que aínda non recibiu o borrador, non se vai prestar a este xogo inmoral que só serve para lavar a imaxe dun Partido Popular coa mácula da corrupción”.

Comentarios