Traballadoras/es de Paradores manteñen as mobilizacións e inician as negociacións coa empresa

Após dous días de folga, o Comité intercentros e a patronal manterán unha xuntanza a vindeira terza feira como parte dos procesos de negociación do ERE. As representantes sindicais avanzan unha folga para os vindeiros dias 31 de decembro e 1 de xaneiro a máis do Hostal dos Reis Catolicos que desenvolverá unha xornada de loita os días 24 e 25 deste mes.

Unha folga en defensa dos postos de traballo e centos de persoas na manifestación que percorreu as rúas de Baiona foron algunhas das medidas adoptadas pola representación sindical d@s traballadoras/es de Paradores após o anunciou do goberno español que aseguraba que a redución do investimento daría lugar á apertura dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE). Máis de oitenta persoas poderían perder o seu posto de traballo e as instalacións de Ferrol e Verín poderían ficar fechadas na súa totalidade, entrementres o de Monforte, Santo Estevo, Tui e Vilalba, abrirían tan só sete meses ao ano.

"Estamos en contra dos despedimentos e dos peches, cremos que hai outras posibilidades"

Desde os sindicatos denuncian as propostas achegadas desde a administración dos Paradores pois entenden que supón "unha incogruencia" ao abrírense dous Paradores neste ano --o de Cádiz e Lorca-- e preverse a apertura do de Muxía proximamente. "Estamos en contra dos despedimentos e dos peches", asegura a delegada sindical da CIG, aliás, un membro do Comité intercentros, Jorge Carneiro, afirma que nas negociacións non aceptarán "nin un só despedimento de carácter definitivo". "Cremos que hai outras posibilidades", asevera Rita, representante sindical da CIG porque estamos a ver "como se cerran por un lado e se abren por outro", denuncia perante os últimos paradores abertos no Estado español, "aí vese como vai a nosa empresa", sentencia.

A complexa situación en que se atopan as persoas traballadoras dos Paradores --que posúen tres convecions diferentes, un xeral e dous específicos para aqueles estabelecementos que gozan de certa autonomía, como o Hostal dos Reis Católicos-- motivou, a máis da xornada de folga desenvolvida os pasados días 7 e 8 de decembro, a convocar unha outra xornada de folga coincidindo coas festas de Nadal. "Agardaremos a ver como transcorren as negociacións mais continuaremos mobilizándonos", afirma Rita.

Comentarios