Durante todo o mes de Agosto, Sermos Galiza proponvos un xogo de pistas sobre Castelao

Se desexares participar deberás enviar un correo a [email protected] indicando nome e apelidos, documento de identidade e correo electrónico


Durante o mes de agosto Sermos Galiza publica un xogo de pistas sobre a figura de Castelao e a súa produción artística.  

Se desexares participar neste xogo de pistas sobre Castelao deberás enviar un correo a [email protected] indicando nome e apelidos, documento de identidade e correo electrónico. Sermos Galiza utilizará só o correo electrónico como medio de comunicación coas persoas participantes.

O derradeiro día para se inscribir é o día 15 de agosto e para enviar a resposta a todas as pistas é o 31 de agosto. As pistas faranse públicas os días 1, 8, 15 22 e 29 de agosto no semanario Sermos Galiza. Haberá tres premios. A atribución será da seguinte forma:

1.- Un premio de unha subscrición por un período dun ano (52 números) para a persoa que indique correctamente todas as pistas

2.- Un segundo premio de unha subscrición por un período de seis meses (26 números) para quen acerte todas menos unha

3.- Un terceiro premio de unha subscrición por un período de tres meses (13 números) para quen acerte todas salvo dúas

Se houber máis de unha persoa que acerte, o gañador ou gañadora decidirase por sorteo entre os acertantes de cada categoría

Calquer outra cousa non explicitada anteriormente será interpretada e aclarada por Sermos Galiza, non cabendo contra ela ningunha reclamación. A participación no certame supón aceptar as bases.


Galiza, 31 de xullo de 2013

Comentarios