Suspendidos os concertos musicais do Festigal

A organización tomou a decisión de suspender os concertos musicais do Festigal, a consecuencia do gravísimo sinistro producido en Santiago. Candidatura do Povo suspendeu tamén o seu Festival na capital de Galiza

A organización do Festigal -unha comisión formada por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre- tomou con celeridade a decisión de suspender as actuacións musicais programadas para esta noite, após se coñecer o gravísimo sinistro ferroviario que, segundo algunhas fontes, se ten saldado con varias vítimas mortais.

Comentarios