Suma e segue: 86 traballador@s ao día afectados por EREs na Galiza

No pasado mes de marzo foron 2.664 @s afectad@s, 543 máis que no mesmo período do ano anterior, un 25% máis

Persoas traballando nunha cadea de montaxe (Foto: Nós Diario).

O número de traballadores afectados por EREs na Galiza segue a aumentar mes tras mes, cuns expedientes que, após a reforma laboral, están á orde do día no escenario laboral. No mes de marzo, e segundo os datos que vén de facer público o Instituto Galego de Estatística, houbo no noso país 2.664 persoas afectadas por un ERE, 543 máis que nese mesmo mes de 2012, cando foran 2.121. Isto supón un aumento de por volta dun 25%.

O 67% das e dos traballadores afectados por un ERE en marzo pertencía ao sector da industria

O sector da industria é o máis batido por EREs. En marzo, 1.794 traballadores deste ramo produtivo estiveron afectad@s por un expediente de regulación de emprego. Representan o 67% do total de afectad@s en marzo por un ERE.

Un total de 72.443 galeg@s víronse afectad@s por un expediente de regulación de emprego (ERE) entre 2009 e a fibais de 2012. Neste mesmo período o número de EREs presentados ou autorizados foi de 4.887, un 30% dos cales corresponden aos sete primeiros meses de 2012.

Comentarios