Sermos Galiza, nº88, a Lei de Garantías sanitarias e conflictos veciñais

A lei de Garantías Sanitarias, a 'Batalla do cerco' ou as loitas veciñais que percorren o país son algúns dos temas que analizamos neste nº. Mércao xa na nosa loxa. 

Capa_SG88

Sae do forno un novo número do Sermos Galiza, o 88. Un número no que este semanario vai ás 40 páxinas para intentar ofrecer máis e mellor información a subscritor@s e lector@s. Nesta liña, debullamos a Lei de Garantías Sanitarias e mergullámonos nas loitas veciñais que nestas últimas semanas se están a dar polo país, de Sarria a Vigo, entre outras.

A 'Batalla do cerco', cunha carga policial aos pés do Parlamento que foi toda unha declaración de intencións de como Feijóo e Juárez manexan as demandas da cidadanía galega, tamén ten tratamento neste número. Un semanario no que as entrevistas, como é habitual, teñen un espazo importante: A escritora Teresa Moure, o alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, ou o pandereteiro Davide Salvado son algunhas delas.

Do local ao global

En Viaxes na Miña Terra percorremos O Rego de Armenteira (O Salnés) e en Internacional adentrámonos no que está a acontecer en Venezuela e Ucraína. O veto do PP a que se investigue a fraude de Alimentos Lácteos (con 9 millóns de euros públicos que non se sabe onde van) ou o achegamento ao boxeo feminino en Galiza son outras das cuestións que teñen cabida no semanario.

Podes facerte con el na nosa loxa por só 1,99€.

Comentarios