Sermos Galiza preséntase en Ferrol

Esta quinta feira, Sermos Galiza presentarase en Ferrol convidad@s pola Sociedade Cultural Medulio

Ás 20.00 horas a Galería Sargadelos de Ferrol acollerá a presentación de Sermos Galiza. O acto, organizado pola Sociedade Cultural Medulio contará coa presenza do presidente do Consello de Administración, Xoán Costa e o músico e membro Consello, Xurxo Souto. 

A presentación insírese na campaña iniciada polo medio de comunicación á fin de darse a coñecer por todas as comarcas do país, a piques de se cumprir un ano da súa saída á rede. 

Comentarios