Sermos Galiza disponibiliza de balde un caderno sobre a reforma das pensións

Poderás acceder a el de maneira gratuíta até rematar novembro. Faite con el na nosa loxa. 

 

Perante a inminente reforma das pensións, Sermos Galiza, re-edita o AFondo 'O asalto ás pensións' publicado ao que poderás acceder de balde durante o mes de novembro. Coordenado por Xabier P. Igrexas este carderno debrúzase arredor das mudanzas que o Goberno español pretende introdicir no sistema de pensións e que moit@s estudos@s alertan pode supor un empurrón cara aos grandes plans de pensións privados.

Para coñecermos mellor cal é a realidade desta reforma disponibilizamos na nosa loxa este AFondo que visa achegar algunhas chaves arredor do debate sobre a sostibilidade ou falencia do sistema de pensións e as súas causas. E é que neste asunto hai moitas luces e sombras a comezar, asegura o catedrático de economía política, Juan Torres, pola idea de que é unha cuestión demográfica a que pon en risco o mantemento das pensións. Torres está certo de que son "as políticas de austeridade que crean paro" as responsábeis do perigo. 

Comentarios